24 de noviembre de 2006

Bilbao xa ten unha avenida en Compostela

No acto de inauguración da avenida que leva o nome da cidade vasca, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna. Antes do acto, Iñaki Azkuna foi recibido por Sánchez Bugallo no Pazo de Raxoi, onde asinou no Libro de Ouro da cidade.

Durante a inauguración o alcalde de Compostela dedicou unhas verbas de agradecemento e confraternización nas que resaltou o paralelismo entre o rexurdir das dúas cidades. Mentres "Bilbao consolida a súa nova imaxe e a proxecta cara ao exterior", sinalou Bugallo "Santiago desenvolve un deseño urbanístico sostible que pon fin ao descontrol de décadas pasadas".

Dentro desta nova cidade enmárcase a nova Avenida de Bilbao, formando parte da moderna urbanización deseñada polos arquitectos César Coll e Viviana Slafer no polígono 1, do SUP 5 da Choupana. A urbanización, que se rematou en xuño deste mesmo ano, é a fachada máis moderna de Santiago na súa expansión cara ao sur. Detrás das torres de deseño rompedor construídas en Mestre Mateo, levantouse toda unha urbanización de edificios de primeiras calidades que manteñen a liña arquitectónica futurista que caracteriza a todo o polígono. A nova avenida de Bilbao sitúase en paralelo, tras de Mestre Mateo e da Avenida Barcelona.

O alcalde de Santiago tamén fora convidado hai case dous meses á inauguración da rúa bilbaína que leva o nome da capital galega. Alí, no barrio de Miribilla existe dende o 6 de outubro unha rúa chamada Santiago de Compostela.


http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=1571&lg=gal

10 de noviembre de 2006

Detalles vivienda unifamiliar

Vivienda unifamiliar en la Avenida de Asturias de Santiago de Compostela.