14 de septiembre de 2007

Basallo


Esculturas de Ignacio Basalllo en la avenida de Barcelona (Choupana, Santiago de Compostela).

A inminente concesión da licenza de obra permitirá comezar a construción da residencia para terceira idade de Pontepedriña

Na parcela onde se construirá a nova residencia para a terceira idade de Pontepedriña comezou xa a substitución das canalizacións. Será na Xunta de Goberno do luns 24 cando se aprobe a licenza de obra e poida comezar a construción do edificio, con vistas a telo listo en ano e medio, indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ademais de agradecer de novo a José Otero e á súa dona, Carmela Martínez, a súa "gran xenerosidade" por sufragar este proxecto, Sánchez Bugallo amosou o aspecto que presentará a residencia deseñada por César Coll. Terá unha superficie útil de 8.131 metros cadrados e unha capacidade de 150 prazas. O orzamento, sen mobiliario, é de 5.856.362 euros.

Rematada a construción, a Fundación entregara o edificio á Xunta, que o integrará na súa rede de centros e porao en funcionamento nun prazo máximo de oito meses dende a entrega das obras. Isto será en 2009.

Ademais e construír a residencia, a Fundación contribuirá economicamente á conservación do edifico e das instalacións a partir do segundo ano e durante 20 anos, cunha cantidade de 30.000 euros anuais.

http://santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=2694&lg=gal